16 may 2011

CARTA DO BNG DE BOIRO A D. JESÚS ALONSO FERNÁNDEZ

Sr. Alonso, unha vez máis pretende utilizar as súas empresas como instrumento político, un caso único no Estado, a excepción de Ruíz Mateos no caso RUMASA.
Pretende insuflar medo nos traballadores, traballadoras, veciñas e veciños
en xeral, con ameazas. Xa en tempos inmemoriais anunciaba en campaña
o traslado das factorías a Porto do Son, cando gobernaba o seu compañeiro
do PP. Sr. Groveiro González. Xa choveu! . A última, o vergoñento discurso
de Nadal onde ameazou con marchar de Boiro se Xosé Deira Triñanes volvía
a ser Alcalde. E todo o mundo se enterou grazas á campaña de publicidade
que puxo en marcha en distintos xornais. O que ocorre é que calibrou
mal as consecuencias dos seus actos, e se nalgún momento a imaxe de
Jealsa – Rianxeira resultou prexudicada, o único responsábel é vostede,
Sr. Alonso. Boiro si que foi prexudicado coas súas “extravagancias”; saímos
nunha televisión estatal porque lles pareceu incríbel que, a estas alturas, un
empresario pedise aos traballadores e traballadoras o voto para o PP. ou, en
caso contrario.... "me marcho de Boiro". Pola contra, Boiro foi recoñecido a
nivel estatal polo premio “Cidade da Ciencia e a Innovación” outorgado polo
Ministerio, grazas ás políticas municipais de emprego promovidas polo goberno
e a creación do viveiro de empresas, que facilitará a o emprego no noso
municipio. Somos o municipio galego con menos paro , grazas ó emprego
que ofertan todas as empresas do noso Concello, por certo Sr. Alonso, desde o
ano 2003 Boiro conta con máis de 650 licenzas novas en IAE. ( datos oficiais da
Cámara de Comercio).
Sr. Alonso, vostede e o goberno do PP en Boiro, no ano 2003, deixaron unha
débeda do 122%. O goberno de Xosé Deira e do BNG a rebaixou ao 80%. Os
números están aí, e todos os compromisos cos provedores municipais están
atendidos.
O BNG está orgulloso de que o pazo e a finca de Goiáns sexan de todos e
todas as boirenses. Logramos da Deputación da Coruña unha subvención de
preto de 250.000 euros para a recuperación paisaxística da finca, e tamén
logramos que o Estado aporte 500.000 euros para a restauración do pazo. Se
vostede seguise sendo alcalde no 2003, hoxe sería unha urbanización privada
para millonarios. Afortunadamente, perdeu as eleccións (así é a democracia
e a sabiduría dun pobo) e, no fracaso, fuxiu, sendo o primeiro en abandonar o
barco.
Agora, coa manipulación que o caracteriza, pretende influír con amenazas nos
veciños e veciñas de Boiro, e continuar movendo os fíos dos títeres, porque
é o papel que lle ten asignado ao actual candidato do PP, Juan José Dieste
Ortigueira. Vostede segue a ser o xefe do PP de Boiro e o que non siga os
seus dictados que colla a porta. Javier Chouza xa o fixo.
Finalmente, Sr. Alonso, o goberno de Boiro respecta a Jealsa – Rianxeira e a
todas as empresas. A súa empresa é moi importante para o municipio, e nós
respectámola, e aos seus traballadores e traballadoras, e máis nos tempos que
corren. É a nosa obriga apoiar e favorecer a todos os empresarios de Boiro, e a
vostede tamén, porque o BNG está pola creación de emprego e a reactivación
da economía local. Pero iso si, dentro da lei, porque vostede non pode saltarse
a lei nin pedir un trato de favor distinto a outros empresarios e empresarias.
Vostede non pode estar por riba do ben e do mal. Diso se trata, Sr. Alonso, de
democracia, de que vostede non pode gobernar simplemente por ser millonario
e ter moitos empregados, de que Boiro non é seu, Sr. Alonso. Boiro é de todos
e todas.




Consello Local do BNG de Boiro

4 comentarios:

  1. Elo vos pensades que si Rianxeira abandona Boiro vanse sejir dando novas lisensias en IAE ? en canto o de meter "medo con ameazas" justariame que o consello local tivesen que traballar nas empresas da nosa zona para que souberades o que é medo e visedes a realidade das condisions laborais que temos que sufrir.O dos cartos que consejistedes para Goians non os dou Moreda nin Zapatero do seu peto que son de todolos españois incluindo os boirenses.

    ResponderEliminar
  2. Sr Deira, se un se esforza e traballa ben coa crise, mellor traballará cando esta pase. Ánimo, estou seguro que pode facelo mellor. Aprenda dos erros e non se crea moito os méritos. Abanqueiro e Boiro están con vostede. JMPDieste.

    ResponderEliminar
  3. A ver si te enteras anónimo:
    Os cartos do pazo de Goiáns saen dos nosos bolsillos e queda para o noso disfrute, non para os de 4 ricachóns.
    Rianxeira medrou coas axudas e subvencións que saen dos nosos petos,os traballadores aportan a man de obra e reciben un salario, ninguén regala nada.
    Que teñen que ver as condicións laboráis co chantaxe destes?.
    Calquer gran Empresa xenera riqueza ó seu redor e esta riqueza repercute nela mesma: inmobilarias, coxeneración, etc, todo elo vinculado a quen (supoño) que sabrás...
    Anónimo 2

    ResponderEliminar
  4. Sr. Deira, vállase!

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario.