19 sept 2011


BNG BOIRO
N O T A D E P R E N S A
Concluídos os 100 días de goberno do PP en Boiro ( que pola contra non respectou o PP de Boiro cando nós accedemos ó goberno ) , o Consello Local do BNG de Boiro fai unha lectura moi negativa do goberno municipal .

Nesta primeira andaina do PP en Boiro, pódese resumirse nos catro seguintes puntos;

PRIMEIRO._ Este período caracterizouse por ser 100 días de representación institucional pero non de goberno. 100 días perdidos en Boiro, durante os cales o Alcalde de Boiro Sr. Juan José Dieste Ortigueira , non foi quen de impulsar nin un só proxecto novo, nin tan sequera concluír e continuar cos proxectos que o anterior goberno deixou en marcha.
Un Alcalde que xa na rúa lle chaman “O Xastre” pois vai tomar medidas , pero en Boiro 100 días despois aínda non lle coñecemos a aplicación de ningunha. Temos un Alcalde que “non arranca” que non é quen de coordinar , nin de liderar nin ó seu propio equipo de goberno, os concelleiros/as anda por libre, cando aparecen e o “todo poderoso” Tenente de Alcalde que anda a des-gobernar no de todos.
Temos un goberno, que “nin está nin se lle espera”, nin atenden ós cidadáns , nin ós problemas diarios do Concello.

SEGUNDO._ Un goberno que é incapaz de promover novos proxectos para Boiro, nin de tan sequera continuar cos iniciados polo anterior goberno. Un Parking municipal que non funciona, os Centros Sociais de Abanqueiro e Cabo de Cruz, que non se sabe cando e como van funcionar, un Porto de Cabo de Cruz que tiña que ter rematados os pantaláns da 3ª e 4ª lista, un Viveiro de Empresas (pechado), a rehabilitación do Pazo de Goiáns ( cunha partida nos orzamentos do Estado por importe de 500.000€ pendente de executar)...e moitos exemplos máis que poderíamos nomear.

TERCEIRO._ A única medida si tomaron durante estes 100 días foi subir o SOLDO DO ALCALDE en máis de 12.000€ ano . Temos un “ALCALDE DE LUXO” o máis caro das comarcas do Barbanza e Muros Noia , un Alcalde que lle vai custar ó Concello de Boiro nesta lexislatura 280.000€, un soldo que nin por asomo cobraría no seu antigo posto de traballo, ( tal e como fixo o Sr. Deira durante os últimos 8 anos ) Sr. Dieste cando nos pensa ensinar a nómina que cobraba no seu antigo posto de traballo ? .
Temos tamén un “SUPER-TENENTE ALCALDE”, que cobrará por unha “MEDIA-ADICACIÓN” a friolera de 180.000€ e 7 CONCELLEIROS que cobrarán perto de 900€/mes ( entre dietas, plenos, comisións de goberno, ...etc), cando non teñen o mínimo que se lle exixe a un concelleiro que é ter un horario de atención ó publico exposto no Concello.
Isto é unha vergonza , especialmente cando fai tan só 100 días en plena campaña electoral empapelaron BOIRO, enganaron ós cidadáns con panfletos “irreais”que eran “rotundamente falsos”.
Despois do “engano absoluto, chegou a burla”, cando os veciños entran pola porta da Alcaldía, para demandar os seus dereitos , a cobertura das súas necesidades , o que atopan é a un Alcalde que non aporta solucións e o único que di é “ que estamos en crise e non hai cartos”, con que cara mentres vde. se sube o soldo, lle recorta ós dereitos dos demais ?...

CUARTO._Pero o que máis destacou a “deixación de funcións” que demostra este Alcalde cando foi incapaz de dar solución o maior problema que ten neste momento Boiro que é “O CHEIRO de CALIZAS MARINAS”, un asunto que despois de exixir o BNG en pleno a “solución inmediata” do mesmo, o único movemento que fai este Alcalde é convocar unha rolda de prensa para dicir que é “incompetente”( que vde. é incompetente xa o sabemos Sr. Dieste , pero o Concello si que é competente para tomar as medidas cautelares necesarias para evitar que Boiro cheire, como o fixemos nós )... ou e que se declara incompetente , como excusa , para non ter que enfrentarse con quen o puxo na Alcaldía ? Quen o votou foi o pobo de Boiro, é ós cidadáns a que lle debe a Alcaldía vde. lástima que estea máis pendente do que pense quen escribiu cartas para pedir o voto para o PP que das necesidades que Boiro ten.

Consello Local do BNG de Boiro,
Venres, 16 de setembro de 2011




16 may 2011

CARTA DO BNG DE BOIRO A D. JESÚS ALONSO FERNÁNDEZ

Sr. Alonso, unha vez máis pretende utilizar as súas empresas como instrumento político, un caso único no Estado, a excepción de Ruíz Mateos no caso RUMASA.
Pretende insuflar medo nos traballadores, traballadoras, veciñas e veciños
en xeral, con ameazas. Xa en tempos inmemoriais anunciaba en campaña
o traslado das factorías a Porto do Son, cando gobernaba o seu compañeiro
do PP. Sr. Groveiro González. Xa choveu! . A última, o vergoñento discurso
de Nadal onde ameazou con marchar de Boiro se Xosé Deira Triñanes volvía
a ser Alcalde. E todo o mundo se enterou grazas á campaña de publicidade
que puxo en marcha en distintos xornais. O que ocorre é que calibrou
mal as consecuencias dos seus actos, e se nalgún momento a imaxe de
Jealsa – Rianxeira resultou prexudicada, o único responsábel é vostede,
Sr. Alonso. Boiro si que foi prexudicado coas súas “extravagancias”; saímos
nunha televisión estatal porque lles pareceu incríbel que, a estas alturas, un
empresario pedise aos traballadores e traballadoras o voto para o PP. ou, en
caso contrario.... "me marcho de Boiro". Pola contra, Boiro foi recoñecido a
nivel estatal polo premio “Cidade da Ciencia e a Innovación” outorgado polo
Ministerio, grazas ás políticas municipais de emprego promovidas polo goberno
e a creación do viveiro de empresas, que facilitará a o emprego no noso
municipio. Somos o municipio galego con menos paro , grazas ó emprego
que ofertan todas as empresas do noso Concello, por certo Sr. Alonso, desde o
ano 2003 Boiro conta con máis de 650 licenzas novas en IAE. ( datos oficiais da
Cámara de Comercio).
Sr. Alonso, vostede e o goberno do PP en Boiro, no ano 2003, deixaron unha
débeda do 122%. O goberno de Xosé Deira e do BNG a rebaixou ao 80%. Os
números están aí, e todos os compromisos cos provedores municipais están
atendidos.
O BNG está orgulloso de que o pazo e a finca de Goiáns sexan de todos e
todas as boirenses. Logramos da Deputación da Coruña unha subvención de
preto de 250.000 euros para a recuperación paisaxística da finca, e tamén
logramos que o Estado aporte 500.000 euros para a restauración do pazo. Se
vostede seguise sendo alcalde no 2003, hoxe sería unha urbanización privada
para millonarios. Afortunadamente, perdeu as eleccións (así é a democracia
e a sabiduría dun pobo) e, no fracaso, fuxiu, sendo o primeiro en abandonar o
barco.
Agora, coa manipulación que o caracteriza, pretende influír con amenazas nos
veciños e veciñas de Boiro, e continuar movendo os fíos dos títeres, porque
é o papel que lle ten asignado ao actual candidato do PP, Juan José Dieste
Ortigueira. Vostede segue a ser o xefe do PP de Boiro e o que non siga os
seus dictados que colla a porta. Javier Chouza xa o fixo.
Finalmente, Sr. Alonso, o goberno de Boiro respecta a Jealsa – Rianxeira e a
todas as empresas. A súa empresa é moi importante para o municipio, e nós
respectámola, e aos seus traballadores e traballadoras, e máis nos tempos que
corren. É a nosa obriga apoiar e favorecer a todos os empresarios de Boiro, e a
vostede tamén, porque o BNG está pola creación de emprego e a reactivación
da economía local. Pero iso si, dentro da lei, porque vostede non pode saltarse
a lei nin pedir un trato de favor distinto a outros empresarios e empresarias.
Vostede non pode estar por riba do ben e do mal. Diso se trata, Sr. Alonso, de
democracia, de que vostede non pode gobernar simplemente por ser millonario
e ter moitos empregados, de que Boiro non é seu, Sr. Alonso. Boiro é de todos
e todas.




Consello Local do BNG de Boiro

12 abr 2011

Presentación da Candidatura do BNG de Boiro


Xunto a Xosé Deira unha equipa próxima, fiábel e con experiencia para afrontar o futuro

Coa mesma ilusión que aqueles que se presentan por primeira vez, pero tamén con toda a experiencia que dan oito anos de goberno. Así se presenta a equipa do BNG porque precisamente nestes tempos de incerteza a única garantía fiábel de cambio é apostar por quen está disposto a transformar a realidade, sen ambigüidades e sen medos.

E agora é tempo de referendar o apoio a un grupo de xente, a un traballo e a unhas ideas que, mellor que ninguén representa BNG e representa Xosé Deira:  transparencia absoluta, contacto continuo coa cidanía, control exhaustivo do gasto e inversións pensando nas persoas e nas clases mais desfavorecidas. Eses son os nosos sinais de identidade: persistencia para conquerir o pazo de Goiáns; compromiso para loitar co desemprego coa creación de ILES e viveiros de emprego; dedicación para conquerir a igualdade social con mellores servizos de benestar (axuda domicilio, galescolas, etc.) e moito, moito traballo.

Por iso nos presentamos, para referendar o traballo ben feito e continuar un proxecto que aínda non está rematado:

  1. XOSÉ DEIRA TRIÑANES
  2. DORES TORRADO ARES
  3. XOÁN LEÓN VIDAL
  4. FRANCISCA SUÁREZ LIJÓ
  5. XOSÉ RIOS VÁZQUEZ
  6. CARLOS BRANCO ANSOAR
  7. ROSA MARÍA CAAMAÑO GONZÁLEZ
  8. MÓNICA PLACES TORRADO
  9. MILAGROS TORRADO CESPÓN
  10. VICENTE MIGUÉNS RÍOS
  11. MARÍA XOSÉ CAROU
  12. XURXO PAZ
  13. IRIA XESTOSO
  14. MANUEL LAGO 
  15. MANUEL ANTONIO SANTIAGO
  16. MARÍA TERESA VIDAL 
  17. XOSÉ MANUEL PÉREZ
SUPLENTE 1: MARÍA DOS ANXOS CASTRO PARADA
SUPLENTE 2: RAMÓN XOSÉ IGLESIAS FERNÁNDEZ
SUPLENTE 3: FRANCISCO XAVIER NOAL PÉREZ






4 mar 2011

Visita de Guillerme Vázquez a Boiro.

GUILLERME PON A BOIRO COMO EXEMPLO DE QUE “O BNG DENDE OS CONCELLOS SI TOMA MEDIDAS PARA COMBATER O PARO".



O portavoz nacional do BNG anima á sociedade galega a manifestarse o día 13 para “esixir un cambio porque as políticas do Goberno Central e do goberno da Xunta estannos levando a unha situación cada día peor”

Barbanza, 3 Marzo 2011. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, puxo esta mañá ao concello de Boiro, gobernado polo BNG “como exemplo de que o BNG dende os concellos si toma medida para combater o paro e a crise, fronte a un goberno da Xunta que non fai nada”.
Guillerme realizou esta mañá un reparto informativo no centro da vila boirense para animar á sociedade galega á manifestarse o día 13 en Santiago en defensa do emprego, dos sectores produtivos, do país e do aforro galego baixo o lema “Galiza ten dereito”.
Posteriormente, realizou unha visita ao “Centro de Formación-Escola de Hostalaría-Viveiro de Empresas”, unha iniciativa posta en marcha polo BNG dende o Goberno de Boiro e que foi merecente do premio “Ciudad de las Ciencias y la Innovación”, un galardón que foi entregado polos Príncipes de Asturias o pasado 13 de xaneiro en Madrid.
Guillerme estivo acompañado en todo momento polo alcalde de Boiro, o nacionalista Xosé Deira; o Grupo Municipal do BNG de Boiro e a responsábel comarcal do BNG, Dores Torrado, entre outros.
Un exemplo de que, fronte á incompetencia da Xunta, o BNG si toma medidas contra o paro
En declaracións aos medios, o portavoz nacional do BNG recoñeceu que “hoxe estou en Boiro para dalgún xeito amosar o orgullo do BNG coa actividade dun goberno municipal que ten proxecto, que ten estratexia, que sabe o que hai que facer á fronte dun concello e que, como unha das vías de actuación práctica, toma iniciativas na dirección de fomentar a creación de emprego”.
Neste sentido, Guillerme salientou que “a diferencia de actuación entre un concello gobernado polo BNG, encabezado por Xosé Deira, que fai verdade o que dicimos de que tamén dende os concellos, aínda que sexa modestamente, podemos contribuír na liña de fomentar o emprego, e a actitude dun goberno galego que fronte ao problema do paro simplemente di que carece de competencias e que nada ten que facer”.
Camiño de 250.000 parados e paradas en Galiza e Feijoo di que non pode facer nada
A este respeito, advertiu da “grave situación na que nos atopamos: estamos xa na fronteira dos 250.000 parados e paradas en Galiza; os sectores produtivos galegos están sendo agredidos un detrás de outro sen que haxa ningunha defensa política por parte do Goberno do Núñez Feijóo, e  estamos nunha situación onde o aforro galego pode camiñar sen reacción algunha por parte da Xunta de Galiza cara a súa privatización”.

Ademais, subliñou que “teríamos que preguntarnos como será posíbel crear emprego neste país se todos e cada un dos sectores produtivos van camiño da súa desaparición e se non hai medios financeiros que apoien o noso tecido produtivo”.
Manifestación o día 13 para dicir que Galiza si ten dereito, ao aforro, ao emprego e a ser País.
Ante esta situación, Guillerme asegurou que “fronte á inactividade e a inacción do Goberno do PP na Xunta o BNG e outras organizacións non estamos dispostos a aceptar estas políticas que están poñendo en marcha o Goberno da Xunta e o Central e que nos están levando a onde nos están levando”.
Por iso, subliñou que “é o momento de petar na mesa, de reaccionar e dicir que a pesar do que pense o Goberno Central e o Goberno de Feijoo Galiza si ten dereito e por iso o domingo 13 convocamos unha manifestación á que convidamos a toda a sociedade galega para dicir alto e claro que temos dereito e vivir e traballar na nosa terra, para demandar un cambio radical nas políticas que se están a facer e que nos están levando a unha situación cada día peor”.



12 ene 2011

O Alcalde de Boiro recollerá este xoves en Madrid a distinción “Ciudad de la Ciencia y la Innovación” nun acto presidido polas Súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias.

NOTA DE PRENSA

Boiro, martes 11 de xaneiro de 2011.
 O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, recollerá este xoves, día 13, ás 12.00 horas na sede do Consello Superior de Investigacións Científicas, en Madrid, o distintivo “Ciudad de la Ciencia y la Innovación” ortorgado ó Concello de Boiro por o Ministerio de Ciencia e Innovación. O acto estará presidido polas Súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias e contará coa asistencia do Vicepresidente Terceiro e Ministro de Política Territorial e Administración Pública, D. Manuel Chaves, e da Ministra de Ciencia e Innovación, Dona Cristina Garmendia Mendizábal. O Alcalde de Boiro, intervirá en dito acto en nome dos concellos de menos de 20.000 habitantes que resultaron premiados.

Con este galardón, o Ministerio de Ciencia e Innovación persegue fomentar a ciencia e a innovación española “actuando desde el ámbito local, en el convencimiento de que, ahora más que nunca, es preciso el trabajo conjunto de todos los agentes con capacidad de mobilizar voluntades y recursos a favor de la investigación, la innovación y el emprendimiento”, señala a Ministra na carta enviada ó Concello de Boiro con motivo do convite a este acto.
O goberno de Boiro quere manifestar a súa satisfacción pola concesión do distintivo “Ciudad de la Ciencia y de la Innovación” por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación, un premio que ven a reafirmar a aposta do goberno de Boiro polas políticas activas de fomento do emprego. A distinción ven, igualmente, a por de manifesto a oportunidade e acerto do goberno local á hora de decidir investir parte do orzamento do Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local nun proxecto, o centro de formación e viveiro de empresas, que ten como obxectivo prioritario potenciar, mediante  medios técnicos, asesoramento e infraestruturas, ás iniciativas de emprego e proxectos empresariais que se poñan en marcha na localidade, sobre todo nos primeiros anos, os máis difíciles, da súa 
andadura.
A creación de emprego foi sempre un obxectivo prioritario para o Concello, polo que, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, ven realizando accións encamiñadas a potenciar a formación e a cualificación específica para facilitar a busca de traballo, así como a creación de negocios como alternativa de autoemprego. Os obradoiros de emprego, as escolas taller, charlas e seminarios sobre creación de empresas, proxectos  de desenvolvemento local (Equal-Deloa, Inserta, Proximitas, Xiana), apoio ás Iniciativas Locais de Emprego (ILES), fomento da figura cooperativa, etc., son algunhas das liñas de traballo realizadas, ademais dos servizos de atención cidadá a través da Orientadora Laboral e da Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.  En resumo, o obxectivo é a promoción e mellora 
da competitividade do tecido empresarial local e o nacemento de novas 
iniciativas empresariais.
Todas estas actuacións se desenvolven mediante o establecemento de redes de comunicación e colaboración co entorno produtivo en xeral: empresas, axentes sociais, organismos de formación, asociacións, federacións, mancomunidades e outras figuras do mercado laboral referidos ao mercado 
de traballo; neste apartado, referido especialmente á creación de empresas, a través de accións coordinadas coas Concellerías de Cultura e Xuventude do Concello de Boiro. 
Neste sentido, o Concello de Boiro aposta firmemente por un novo modelo de desenvolvemento baseado  na capacidade de imaxinación, creatividade e innovación, e por iso, levamos sete anos desenvolvemento por varias vías a promoción da creatividade como elemento de desenrolo.
Empezamos apoiando a mozos creativos, dándolles soporte e recursos, artellando un movemento en torno á creatividade, para que eses mozos non só creen actividades sociais e culturais, senón tamén actividades empresariais.  O programa “Leñaverde” coordinou distintas acción para o desenvolvemento integral do territorio a través da creatividade, que cristalizaron na proliferación de asociacións xuvenís e culturais, grupos de fotografía, videocreación, música, así como cooperativas e ILES; a través das Concellerías de Cultura, Xuventude e Participación Cidadá, o Concello de Boiro artellou “un proxecto cultural innovador e creativo que serviu de movemento e rede social de persoas, de imaxe de marca para Barbanza no exterior e de efecto locomotora para a defensa da creatividade e a innovación de cara ao interior”, sinalou a Concelleira de Xuventude, Dores Torrado Ares.


Saúdos. Gabinete de Prensa do Concello de Boiro