Xunto a Xosé Deira unha equipa próxima, fiábel e con experiencia para afrontar o futuro
Coa mesma ilusión que aqueles que se presentan por primeira vez, pero tamén con toda a experiencia que dan oito anos de goberno. Así se presenta a equipa do BNG porque precisamente nestes tempos de incerteza a única garantía fiábel de cambio é apostar por quen está disposto a transformar a realidade, sen ambigüidades e sen medos.
E agora é tempo de referendar o apoio a un grupo de xente, a un traballo e a unhas ideas que, mellor que ninguén representa BNG e representa Xosé Deira : transparencia absoluta, contacto continuo coa cidanía, control exhaustivo do gasto e inversións pensando nas persoas e nas clases mais desfavorecidas. Eses son os nosos sinais de identidade: persistencia para conquerir o pazo de Goiáns; compromiso para loitar co desemprego coa creación de ILES e viveiros de emprego; dedicación para conquerir a igualdade social con mellores servizos de benestar (axuda domicilio, galescolas, etc.) e moito, moito traballo.
Por iso nos presentamos, para referendar o traballo ben feito e continuar un proxecto que aínda non está rematado:
- XOSÉ DEIRA TRIÑANES
- DORES TORRADO ARES
- XOÁN LEÓN VIDAL
- FRANCISCA SUÁREZ LIJÓ
- XOSÉ RIOS VÁZQUEZ
- CARLOS BRANCO ANSOAR
- ROSA MARÍA CAAMAÑO GONZÁLEZ
- MÓNICA PLACES TORRADO
- MILAGROS TORRADO CESPÓN
- VICENTE MIGUÉNS RÍOS
- MARÍA XOSÉ CAROU
- XURXO PAZ
- IRIA XESTOSO
- MANUEL LAGO
- MANUEL ANTONIO SANTIAGO
- MARÍA TERESA VIDAL
- XOSÉ MANUEL PÉREZ
SUPLENTE 1: MARÍA DOS ANXOS CASTRO PARADA
SUPLENTE 2: RAMÓN XOSÉ IGLESIAS FERNÁNDEZ
SUPLENTE 3: FRANCISCO XAVIER NOAL PÉREZ
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario.