28 may 2013

ALEGACIÓNS AOS PRESUPOSTOS 2013

D. XOSÉ DEIRA TRIÑANES, en calidade de voceiro do grupo municipal do BNG e diante da Corporación Municipal,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Que o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 29 de abril de 2013 aprobou incialmente o Orzamento Xeral do exercizo de 2013.
Que en data oito de maio de 2013 publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o anucio da aprobación inicial respectivo.
Que se inicia o prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte ao de pubicación no BOP, para examinar o expediente e presentar reclamacións ante o Pleno.
Que en representación do GRUPO MUNICIPAL do BNG de BOIRO, presenta as seguintes:
ALEGACIÓNS Ó ORZAMENTO XERAL 2013

PRIMEIRO.- O orzamento xeral do Concelo de Boiro, diminúe un 9% (un millón de euros menos) en relación ó exercicio 2012 e un 25% menos respecto do último presuposto aprobado na pasada lexislatura.
Porén, esta diminución do orzamento municipal, non procede dunha diminución da presión fiscal que soportan os veciños e veciñas de Boiro, se non que é consecuencia da incapacidade do PP de conquerir apoio económico diante das súas “administración amigas do PP, Xunta , Deputación Provincial e Estado”, que tendo “todo o vento ó seu favor”, son incapaces de xestionar subvencións para cuestións prioritarias para o Concello de Boiro (as subvencións procedentes da Xunta caen un 43% respecto ó exercicio 2012 e do Estado non se recibe nin un só euro).

SEGUNDO.- Mentres que o capítulo de persoal diminúe nun 10%, e o PP lle esixe ós empregados públicos, rebaixas salarias, recortes en dereiros sociais, eliminación de pagas extras…etc, as partidas destinadas ó gabinete da alcaldía increméntanse nun 26% ( a secretaria municipal do PP nos custará 40.000€/ano), imperdoable nun momento de crise económica, cun paro galopante e cando o PP nos está esixindo recortes en servizos prioritarios para a cidadanía como a educación, a sanidade e os servizos sociais, e sobre todo cando padecemos o goberno municipal máis caro das comarcas do Barbanza e Muros-Noia.

TERCEIRO.- Nun contexto económico desfavorable, no que a cifra de desempregados está en niveis históricos no Estado e en Galiza, o Concello de Boiro obvia a gravísima situación de moitos veciños e veciñas de Boiro que se atopan en desemprego, e non invirte por segundo ano consecutivo nin un só euro en políticas activas de emprego.
O goberno municipal desmantelou nestes dous anos de goberno o Departamento de Emprego, eliminando por “capricho” un servizo municipal esencial en tempos de crise.
O orzamento municipal non preveé a posta en marcha de ningún programa de creación de emprego municipal, ( obradoiro de emprego, escola taller…etc) que favorezca o acceso ó traballo e a reactivación económica no marco municipal.
O Viveiro de Empresas e Centro de Formación (distinguido polo Ministerio de Ciencia e Innovación) fica pechado dous anos despois da chegada do PP o goberno municipal, mentres que a mocidade boirense emigra en busca dun posto de traballo a outras partes do Estado Español e a otros países da Unión Europea.

CUARTO.- O orzamento municipal non asigna partida presupostaria para que os Consellos parroquias decidan sobre as obras ou actuacións prioritarias a executar en cada una das súas parroquias, unha cuestión prioritaria na pasada lexislatura e que favorecía a participación cidadá e transparencia nos investimentos a realizar polo Concello.

QUINTO.- O Capítulo de investimentos é inexistente e representa só o 12% do presuposto total, non asignando previsión orzamentaria para actuacións prioritarias como:
-A posta en funcionamento do CENTRO DE FORMACIÓN E VIVEIRO DE EMPRESAS.
-A entrada en funcionamento do PARKING MUNICIPAL da Praza da Boqueira de Anegral.
-Non existe previsión orzamentaria para o pagamento das EXPROPIACIÓNS DA ZONA DA CACHADA.
-Os investimentos destinados ó ámbito rural de Boiro son prácticamente inexistentes.
-Non existe un plan de posta en valor do PAZO DE GOIÁNS (O PP perdeu 500.000€ de subvención do Estado para a súa rehabilitación).
-Non existe un plan de actuación para o EDIFICIO DAS COLONIAS.
-Non existe previsión orzamentaria para a construción dunha RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE.

Asdo. Xosé Deira Triñanes
En Boiro, a 24 de Maio de 2013