A Asociación Cultural Altofalante, Barbantia e Antrospinos van participar no acto cívico en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega.
É a nosa intención organizar un autobús que vaia do Barbanza a Padrón. Logo iríase en tren ate Santiago, onde se desenvolverían recitados de poemas da galega universal en distintos puntos da cidade.
O acto finalizaría en Santo Domingos de Bonaval, e dende aí volveríamos en autobús ao Barbanza.
Aproveitarase o acto para reclamar a apertura do Panteón de Galegos Ilustres, pechado dende fai unhos meses e sen xustificación seria algunha, pola "Santa Madre Igrexa"...
*********************************************************************************