saúdos, benvidas/os a este espazo que pretende achegar, compartir e informar dos actos, dos proxectos e do día a día do BNG-Boiro.
28 feb 2010
Só Ana Pontón asiste ao IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza
Este sábado houbo un debate en Neixón, no marco do IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza, no que estaban convidados os portavoces das tres forzas políticas do parlamento. Só a nacionalista Ana Pontón asistiu.
A deputada do PSOE non estivo por un problema familiar de última hora, e o deputado do PP non asistiu, sen que se saiba o por que. Ambos os dous foron substituídos por representantes locais dos seus partidos.
No debate falouse case en exclusiva da Cidade da Cultura, e só o BNG puxo na mesa as súas propostas. A intervención de Ana Pontón centrouse en aclarar que desde o inicio non era unha obra do BNG, pero cando o bloque tivo que afrontala no goberno, fíxoo coa determinación de darlle unha saída á grandísima inversión comprometida polo goberno en funcións do PP. A deputada nacionalista propuxo o seguinte para dotala de contidos: un grande museo de historia de Galiza, un arquivo nacional, unha pinacoteca de autores galegos, un centro de referencia para a danza e o audiovisual galego,..., propostas consensuadas cos sectores da cultura.
Do PSOE puidemos destacar que os seus representantes falan en nome propio e non no do partido, polo que poden dicir cousas distintas. E do PP que é mellor estar calados para que non se fale do tema.
500 millóns de euros de orzamento, La Voz de Galicia agora en silencio, e o goberno do PP sen dicir nada,...serán coincidencias?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Foi un encontro moi interesante, quitando o espectáculo do PP e as intervencións do representante do PSOE que incidiu en que daba "opinións personales" sobor do tema de que facer ca Cidade da Cultura (que idea terá este cabaleiro do que implica representar a un partido!)...
ResponderEliminar