
Este sábado houbo un debate en Neixón, no marco do IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza, no que estaban convidados os portavoces das tres forzas políticas do parlamento. Só a nacionalista Ana Pontón asistiu.
A deputada do PSOE non estivo por un problema familiar de última hora, e o deputado do PP non asistiu, sen que se saiba o por que. Ambos os dous foron substituídos por representantes locais dos seus partidos.
No debate falouse case en exclusiva da Cidade da Cultura, e só o BNG puxo na mesa as súas propostas. A intervención de Ana Pontón centrouse en aclarar que desde o
inicio non era unha obra do BNG, pero cando o bloque tivo que afrontala no goberno, fíxoo coa determinación de darlle unha saída á grandísima inversión comprometida polo goberno en funcións do PP. A deputada nacionalista propuxo o seguinte para dotala de contidos: un grande museo de historia de Galiza, un arquivo nacional, unha pinacoteca de autores galegos, un centro de referencia para a danza e o audiovisual galego,..., propostas consensuadas cos sectores da cultura.Do PSOE puidemos destacar que os seus representantes falan en nome propio e non no do partido, polo que poden dicir cousas distintas. E do PP que é mellor estar calados para que non se fale do tema.
500 millóns de euros de orzamento, La Voz de Galicia agora en silencio, e o goberno do PP sen dicir nada,...serán coincidencias?
