O BNG de Boiro propuxo as seguintes emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza, cal pensades que será a resposta do PP, aprobará algunha? Serán capaces de deixar a Boiro sen ningún destes investimentos necesarios?
foto de Manuel Santodomingo PAVÓN |
1. Construción dunha residencia de maiores.
2. Construción do complexo deportivo de Vista Alegre.
3. Parque infantil cuberto.
4. Ampliación de orzamentos das obras do porto de Cabo de Cruz e construción do porto deportivo.
5. Abastecemento de auga a Cabo de Cruz e Abanqueiro.
6. Segunda depuradora para Boiro.
7. 3ª fase da rede de sumidoiros da conca do río Coroño (de Comoxo a Cures).
8. Solventar os problemas do Centro de Saúde: dotación de mais medios e persoal. Transferencia á Xunta do persoal contratado polo concello para o mantemento diario, así como asunción pola Xunta do mantemento integral do centro.
9. Rede wifi para o todo o concello.
10. Carril bici de Boiro a Cabo de Cruz
11. Facer pasillos cubertos para acceder aos seguintes centros: Santa Baia, Praia Xardín, e Galescola, de xeito que se resgarde ás crianzas da chuvia cando accedan aos centros.
12. Proxecto de policromía urbana no Cabo da Cruz: subvención do pintado das fachadas das vivendas de acordo co proxecto elaborado polo BNG.
13. Elaboración dunha bolsa na que se facilite o accesso a unha vivenda e facilidades de crédito para as/os boirenses crédito, de xeito que se poida acceder ao stock de vivendas sen vender e deshabitadas de Boiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario.