Parabéns ás nosas rapazas, representan o mellor dunha xeración de auténticas campionas: a III bandeira da Concha é da SDR Rias Baixas, é de Galiza.
Crónica
A traiñeira Galiza segue facendo historia. A embarcación feminina logrou onte (domingo, 13-09-10) a súa terceira bandeira da Concha consecutiva e fíxoo despois dunha exhibición que lle permitiu liderar a proba con máis de 17 segundos de vantaxe sobre a segunda clasificada, Getaria-Tolosa. Unha diferenza temporal que traducida a distancia dá uns 75 metros sobre un percorrido de algo mais de 1800, algo sorprendente nesta competición.
Pero onte foi o día das deportistas galegas, que desde a saída realizaron unha proba moi completa, cunha cadencia perfecta desde o inicio, unha ciaboga maxistral e uns últimos metros a un ritmo insuperábel para as súas rivais. Galiza ofreceu, ademais, en Donosti, unha imaxe de regularidade, xa que fixo un tempo similar na final ao que tivera un día antes na contrarreloxio. Non aconteceu isto con Getaria-Tolosa, a grande favorita antes da xornada de onte, cando fixo 3 segundos menos que as galegas.Con este resultado, a traiñeira pecha unha excelecente tempada na que se proclamou campiona galega, de España e da Concha, nesta ocasión por terceiro ano consecutivo, desde a súa apertura na categoría feminina. (...)
Fonte: extraído e traducido de www.todoremo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario.