Todas/os sabemos a sorte que podía correr o pazo se non fose adquirido polo concello. Agora que é público temos a garantía de que non se xogará cos nosos símbolos, símbolos que, por outra parte, resultaban practicamente descoñecidos e inaccesíbeis para a maioría das/os boirenses.
Iniciamos, pois, un novo rumo agora que o pazo é de todas/os, recuperar humanamente o espazo de Goians, restauralo e facelo vivo despois de tantos anos de abandono. Vai levar tempo, pero o pior xa está feito.
Desde o BNG queremos agradecer profundamente os esforzos realizados polo noso alcalde, Xosé Deira , que sempre confiou na vitoria final, agradecementos tamén á corporación local e, sobre todo, a Francisco Jorquera, incansábel deputado, batallador e actor principal do logro. Só nos queda unha reflexión: se o BNG con só dous deputados nas cortes do estado é capaz de sacar adiante as súas propostas canto non avanzaría o país cunha representación nacionalista maior? Aí queda a pergunta.
Parabéns Boiro.
A miña felicitación máis sincera por este logro a todo o equipo de goberno de Boiro, e xa que logo ao BNG. Aínda que faltan moitas cousas que arranxar, ideas que expor, o certo é que o complexo de Goiáns xa é do pobo, e conseguido dunha forma idónea.
ResponderEliminarParabéns
Moitas grazas Carlos, como ben dís, este tipo de operacións, precisan o seu tempo para que as cousas queden a gusto de todos e con unha funcionalidade apropiada.
ResponderEliminar-saúdos-