Sen ánimo de entrar en discusións estériles desde o BNG consideramos que as medidas adoptadas polo goberno de Boiro, consistentes na elevación dos pasos de peóns nas proximidades das poboacións, contribuirán á mellora da seguridade tanto de viandantes como de condutores despois de que se teña constatado en máis dunha ocasión a excesiva velocidade pola que se circula nalgúns tramos do noso viario, coa conseguinte perigosidade para nenos, anciáns e habitantes da nosa vila.
Ninguén dubida que, cos novos pasos elevados, a velocidade de circulación dos vehículos reducirase, os pasos de peóns serán máis visíbeis e seguros e, ao mesmo tempo, facilitarase a accesibilidade das persoas maiores e dos diminuídos no habitual desenvolvemento das súas vidas. Os pasos de peóns serven de medida disuasoria e preventiva, tanto para condutores imprudentes como para posíbeis distraccións ao volante.
Finalmente, trátase dunha medida probada en países europeus, así como en moitos concellos próximos como Vilagarcía, Cambados, Pontevedra, a Illa de Arousa, a Estrada, o Carballiño, etc., nos que se demostrou que esta actuacion é efectiva, ademais de non ser recadatoria. Despois dun accidente non vale de nada por multas, xa fose por imprudencia ou por exceso de velocidade, senón que é mellor previr e evitar así atropelos. Sabemos que é unha medida que afecta a todos incluso ás persoas que circulan civilizadamente, pero se así somos capaces de salvar unha soa vítima vale a pena.
Desde o BNG estamos seguros de que esta obra será ben acollida co tempo tanto no Cabo da Cruz como no resto los lugares nos que se colocaron, e que contan co beneplácito da cidadanía.
Eu penso que tampouco molestan tanto e van axudar bastante no tema da seguridade.
ResponderEliminarDende logo os do Cabo estanse lucindo...non lles serve nada, nen pasos nen plan parcial...que leven todo iso pa outro sitio.
ResponderEliminarEu aposto polos passos elevados. Estou de acordo!!
ResponderEliminaro problema son os catro de sempre que queren facer a xogada politica, igual fan co plan parcial e co porto, pero xa os coñecemos.
ResponderEliminar