22 jul 2013

Acto Público sobor da crise en Boiro.

"NON É UNHA CRISE É UN ROUBO"
...acto público do BNG en Boiro: "Non é unha crise é un roubo"...os feitos falan unha vez mais e demostran que o único TERRORISMO real que existe na Galiza é o "TERRORISMO FINANCIEIRO" perpetrado polos bancos e amparado, consentido e fomentado polo PP.
#enbloquepodemos.


28 may 2013

ALEGACIÓNS AOS PRESUPOSTOS 2013

D. XOSÉ DEIRA TRIÑANES, en calidade de voceiro do grupo municipal do BNG e diante da Corporación Municipal,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Que o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 29 de abril de 2013 aprobou incialmente o Orzamento Xeral do exercizo de 2013.
Que en data oito de maio de 2013 publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o anucio da aprobación inicial respectivo.
Que se inicia o prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte ao de pubicación no BOP, para examinar o expediente e presentar reclamacións ante o Pleno.
Que en representación do GRUPO MUNICIPAL do BNG de BOIRO, presenta as seguintes:
ALEGACIÓNS Ó ORZAMENTO XERAL 2013

PRIMEIRO.- O orzamento xeral do Concelo de Boiro, diminúe un 9% (un millón de euros menos) en relación ó exercicio 2012 e un 25% menos respecto do último presuposto aprobado na pasada lexislatura.
Porén, esta diminución do orzamento municipal, non procede dunha diminución da presión fiscal que soportan os veciños e veciñas de Boiro, se non que é consecuencia da incapacidade do PP de conquerir apoio económico diante das súas “administración amigas do PP, Xunta , Deputación Provincial e Estado”, que tendo “todo o vento ó seu favor”, son incapaces de xestionar subvencións para cuestións prioritarias para o Concello de Boiro (as subvencións procedentes da Xunta caen un 43% respecto ó exercicio 2012 e do Estado non se recibe nin un só euro).

SEGUNDO.- Mentres que o capítulo de persoal diminúe nun 10%, e o PP lle esixe ós empregados públicos, rebaixas salarias, recortes en dereiros sociais, eliminación de pagas extras…etc, as partidas destinadas ó gabinete da alcaldía increméntanse nun 26% ( a secretaria municipal do PP nos custará 40.000€/ano), imperdoable nun momento de crise económica, cun paro galopante e cando o PP nos está esixindo recortes en servizos prioritarios para a cidadanía como a educación, a sanidade e os servizos sociais, e sobre todo cando padecemos o goberno municipal máis caro das comarcas do Barbanza e Muros-Noia.

TERCEIRO.- Nun contexto económico desfavorable, no que a cifra de desempregados está en niveis históricos no Estado e en Galiza, o Concello de Boiro obvia a gravísima situación de moitos veciños e veciñas de Boiro que se atopan en desemprego, e non invirte por segundo ano consecutivo nin un só euro en políticas activas de emprego.
O goberno municipal desmantelou nestes dous anos de goberno o Departamento de Emprego, eliminando por “capricho” un servizo municipal esencial en tempos de crise.
O orzamento municipal non preveé a posta en marcha de ningún programa de creación de emprego municipal, ( obradoiro de emprego, escola taller…etc) que favorezca o acceso ó traballo e a reactivación económica no marco municipal.
O Viveiro de Empresas e Centro de Formación (distinguido polo Ministerio de Ciencia e Innovación) fica pechado dous anos despois da chegada do PP o goberno municipal, mentres que a mocidade boirense emigra en busca dun posto de traballo a outras partes do Estado Español e a otros países da Unión Europea.

CUARTO.- O orzamento municipal non asigna partida presupostaria para que os Consellos parroquias decidan sobre as obras ou actuacións prioritarias a executar en cada una das súas parroquias, unha cuestión prioritaria na pasada lexislatura e que favorecía a participación cidadá e transparencia nos investimentos a realizar polo Concello.

QUINTO.- O Capítulo de investimentos é inexistente e representa só o 12% do presuposto total, non asignando previsión orzamentaria para actuacións prioritarias como:
-A posta en funcionamento do CENTRO DE FORMACIÓN E VIVEIRO DE EMPRESAS.
-A entrada en funcionamento do PARKING MUNICIPAL da Praza da Boqueira de Anegral.
-Non existe previsión orzamentaria para o pagamento das EXPROPIACIÓNS DA ZONA DA CACHADA.
-Os investimentos destinados ó ámbito rural de Boiro son prácticamente inexistentes.
-Non existe un plan de posta en valor do PAZO DE GOIÁNS (O PP perdeu 500.000€ de subvención do Estado para a súa rehabilitación).
-Non existe un plan de actuación para o EDIFICIO DAS COLONIAS.
-Non existe previsión orzamentaria para a construción dunha RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE.

Asdo. Xosé Deira Triñanes
En Boiro, a 24 de Maio de 2013

21 abr 2013

Manifestación sobor das Preferentes e subordinadas en Vigo.

Veciños e veciñas do Barbanza subindo a un autobús para ir á manifestación de Vigo a reclamar os cartos que son deles e que llos roubaron os bancos có consentimento do PP...compañeiros do Bng axudando e o alcalde de Boiro "nin estaba nin se lle esperaba"...Sr Dieste, si vai antepoñer os intereses do PP por diante das xustas reclamacións d@s veciñ@s de Boiro...nin o necesitamos, nin nos representa!!!!.




15 abr 2013

Manifesto do BNG Barbanza en apoio aos afectad@s polas preferentes.

O Bloque Nacionalista Galego do Barbanza, tras coñecer que o PP acaba de aprobar outra norma para executar o roubo dos aforros de galegos e galegas, a través da maioría que posúe no Congreso dos Deputados, quere transmitir á opinión públicaas seguintes cuestións:

 1. Que a decisión política que ampara esta estafa está baseada unicamente nos intereses do sector financeiro, consolida o culto á usura e á desigualdade e afonda aínda máis na separación entre unha elite máis rica e unha maioría da poboación cada vez máis empobrecida.

 2. Que existe un comportamento demagóxico por parte de deputadas e deputados galegos do Partido Popular que, mentres din solidarizarse e estar á beira das persoas afectadas, aproban directamente ou consenten con complicidade a posición política do seu partido, aliado da banca e dos intereses financeiros e que, por tanto, ao non representaren a cidadanía galega, merecen a nosa reprobación pública.

 3. Que este atentado contra aforradores e aforradoras supón un grave prexuízo individual e colectivo para a nosa economía, pois quítannos a posibilidade de que unha parte substancial desas cantidades acabe por significar investimentos na propia comarca que poderían axudar ás pequenas economías en tempos de crise. 

 4. Que, nese sentido, queremos sumarnos ás voces que exixen a devolución íntegra das cantidades que as persoas aforradoras depositaron sen recibiren información adecuada do produto que adquirían.

 5. Transmitímoslle así á cidadanía a nosa vontade de continuar a defender a modificación dunha lexislación e dunhas decisións políticas que tentan eliminar totalmente as nosas posibilidades de desenvolvemento.


 

22 feb 2013

...Esto é o que temos!!!!...cidadáns, periodistas e representantes políticos tratados coma delincuentes por sair en defensa dunha muller de 85 anos!!!!...o fondo negro das fotos representa o noso LUTO particular polo que estamos perdendo!...
E parabéns -por suposto- para @s compañeir@s do BNG que unha vez mais demostran que saben estar "ÁS DURAS" e que se xogaron o tipo frente a unhos funcionarios que ao igual que ocurre no resto do Estado non están a altura das circunstancias e están pedindo dende fai décadas dirixentes que lles ensinen o que significa manter a orde pública, o que significa unha concentración civil ou o que significa ter EDUCACIÓN e RESPECTO pola cidadanía.


1 ene 2013

- 13


Que teñades un moi feliz 2013 e que nos veña para todo@s cheo de cambios e de melloras.

NAS NOSAS MANS ESTÁ PODER CONSEGUILO!



2 dic 2012

...O MUNDO AO REVÉS!



A acusación pide 15.300 euros de multa para Callón por emendar un xuíz que utilizou La Coruña


Un total de 13.500 euros máis o custo do xuízo. Esta é a petición da acusación para Carlos Callón no xuízo pola lingua que este venres tivo lugar na Coruña. O presidente da Mesa e voceiro de Queremos Galego, estaba imputado por un delito de inxurias após terlle recriminado a quen foi xuíz decano da Coruña, Fraga Mandián, o seu incumprimento da Lei de Normalización lingüística ao declarar que "no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña". Na Mesa denuncian que se trata de máis un xuízo "cara á criminalización das opinións e da lexítima defensa do noso idioma". 
Á saída do xuízo, Callón cualificou a petición da acusación de "disparatada", ironizando con que agardaba que non o denunciasen por esta afirmación. Para o presidente da MNL, o xuízo pode ser cualificado de "entre kafkiano e unha comedia de situación", posto que así debe denominarse que un maxistrado denunciase sucesivamente tres persoas (un vceciño da Coruña, o parlamentar do BNG Carlos Aymerich e o propio Callón) por remendarlle que defendese o uso do topónimo deturpado de La Coruña.

Na Coruña, apoiando a Carlos Callón e defendendo que se cumpran as leises de Normalización Lingüística. Leises que nos obrigan a tod@s...incluidos xuíces, incluído "xuíces decanos".
















20 oct 2012

...IMAXES DA CAMPAÑA...

PARABÉNS COMPAÑEIR@S...TEMOS QUE ESTAR ORGULLOS@S DO TRABALLO QUE LEVAMOS FACENDO DENDE HAI 30 ANOS E DO TRABALLO FEITO NESTA CAMPAÑA.
...O noso-Guillerme pedíanos na Coruña: "unha pedra" para derrotar ao Goliat-PP...os miles de militant@s do BNG que ten o País dámoslle "UN BLOQUE"...#enbloquepodemos!...#galizapode.
 



23 sept 2012

VECIÑ@S CONCELLEIR@S "RECORTADOR@S"


Dieste, Fernando, Helena, Nolo, Beatriz, María José, Diego, Cornelia e Moledo, todos eles veciños de BOIRO e con responsabilidades de goberno no Concello, votaron no último Pleno a favor das políticas de RECORTES que tanto Feijoo coma Rajoy están levando a cabo...


...esto chámaselle poñerlle cara e nome aos que están defendendo políticas de precaridade e de recortes, poñerlle cara e nome a estes veciñ
os que pediron o VOTO para o PP, para aportar solucións á crise e o único que conseguiron foi mais paro, menos servizos sociais, mais precaridade na sanidade e na educación, mais peches de comercios, paralización do polígono e do Viveiro de Empresas, perda das axudas para a rehabilitación do Pazo de Goiáns (500.000 € que xa estaban concedidos por parte do Goberno Central e que irían a empresas da comarca)


Non estaria mal que cando os vexades lles pidades explicacións xa que aos grupos da oposición no dito Pleno non no las quiseron dar.


Son: "@S VECIÑ@S QUE NOS RECORTAN"
 — 



18 ago 2012

PP: propaganda popular en Cabo

Como podedes ver, no programa facilitado polo concello, o que menos interesa son eventos da festa e a promoción do mexillón senón a que hora chega a conselleira, quen a recibe, cando sae o barco de autoridades, quen entrega os premios, etc. etc. (propaganda e máis propaganda). Os que queiran ir ao peirao do Cabo da Cruz xa os informamos nós (e en galego):

-Sábado 18/08/2012, ás 18.00: 1ª xornada da regata de traiñeiras concello de Boiro
-Domingo 19/08/2012, ás 12.00: 2ª xornada da regata de traiñeiras concello de Boiro
-Domingo 19/08/2012, ás 12.30: festa de exaltación do mexillón.


  Así que se queres ir detrás da conselleira, xa sabes, verás á metade das regatas

22 jul 2012

"chistosa" realidade!...

...érase unha vezzzzzz, un Rajoy (o do medio) unha Merkel (a da dereita) e un Hollande (o da esquerda)...que se puxeron a "especular" con que "quén era o mais listo da veeeella Europa"...e esto foi o que pasou...:-)


http://www.vidup.de/v/Jwopc/

18 may 2012

...PAZO de GOIÁNS 2012...;-(

...Este é o estado lamentable que presentan parte das instalacións do PAZO de GOIÁNS...MEDIO MILLÓN de € agardan en Madrid a que o Concello de Boiro, por medio do seu grupo de goberno (PP), teña a vontade de executar o acordo conquerido polo BNG coa Administración Central do Estado. Lembremos que eses 500.000 € pertencen a partidas adicadas única e exclusivamente ao arranxo de edificios e intereses públicos catalogados en grao de prioridade. Sr Dieste, quédanlle seis meses para "chamar" a Madrid e facer cumprir o acordo...dende o BNG de Boiro faremos o posible para que eso se cumpra!.Por outra parte, felicitamos ao PP por ter acordado continuar con este evento e decatarse a tempo da importancia que ten, por en valor o Pazo, xa non somentes a nivel local senón tamén a nivel comarcal.


    [...a cara do veciño é significativa!]



13 may 2012

..."en Bloque podemos"...


Convención Nacional do Bng en Compostela. 

O BUQUE SENLLEIRO do NACIONALISMO GALEGO encende motores. Temos provisións, experiencia, folla de ruta, confianza demostrada e como non!...UNHA EXCELENCIA CANTO A TRIPULACIÓN!...EXEMPLO DE ENTREGA E DE TRABALLO CONSTANTE E INFATIGABLE DENDE FAI MAIS DE 30 LONGOS ANOS...MOITAS GRAZAS NOSA-XENTE!!!!!..."AVANTE-BNG"!!!!!!


21 mar 2012

Recollida de firmas.


O Bng de Boiro forma parte da PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO BARBANZA.
O martes estivemos no mercadiño recollendo firmas para a inciativa lexislativa popular.