14 sept. 2013

Desemprego, corrupción, recorte de dereitos…Cal é a túa razón para manifestarte o 15-S?

O BNG chama a toda a militancia e ao conxunto da cidadanía a dar unha resposta social contundente convertendo a manifestación do 15 de setembro nun gran acto de protesta contra as políticas do PP que colocaron a Galiza ao borde do colapso.
Sobran as razóns para dicir “basta xa” ao desgoberno dun PP que non ten alternativa para o país e que goberna para os lobbies empresariais madrileños, os mesmos que o financian de xeito ilegal.
Desemprego, desigualdade, empobrecemento: A taxa de desemprego é do 23%, 50% se falamos de paro xuvenil, 92.000 familias teñen a todos os seus membros no paro e só no último ano Galiza perdeu 33.000 empregos, sen esquecer a sangría da emigración. Ao recorte das pensións, súmase agora a persecución fiscal de Facenda cos emigrantes retornados. Para o BNG a prioridade é combater a crise, porque medran as desigualdades, cada vez somos máis pobres e aumenta o risco de exclusión social, e para facelo con eficacia precisamos máis soberanía, dito de outro xeito, precisamos poder tomar as decisións que máis conveñan aos intereses do país e da xente do país.
 Sectores produtivos están exhaustos, acosados polas limitacións e as regras de xogo impostas pola UE e polo Estado español, contrarias aos intereses do noso naval, do agro, do sector pesqueiro, enerxético e dos nosos recursos naturais, que o PP quere entregar ás multinacionais depredadoras. Con capacidade política real é posible darlle a volta a gobernar a favor dos nosos sectores produtivos.
Espolio financeiro: Galiza precisa unha banca pública que financie á nosa economía, aos emprendedores, as familias. O BNG propón converter NGB nesa banca galega, pero o PP aposta por consumar o espolio definitivo do aforro do país. Como explicarlle aos galegos que se regala NGB a gran banca española ou se malvende a un fondo especulativo tras tapar os buratos da entidade con 9.000 millóns de € aos que hai que sumar os 600 millóns estafados polas preferentes? Tamén para isto precisamos soberanía, para que non decida o FROB por nós, coa complicidade do PP.
Defensa dos servizos públicos: a crise como coartada ideolóxica para recortar a sanidade, a educación, o investimento en I+D+i, as prestacións sociais precisamente cando máis se necesitan. Consecuencias, suben as listas de espera, ponse contra as cordas a calidade sanitaria, suben as taxas universitarias e baixan as becas deixando fora aos fillos das familias con máis dificultades.
Corrupción e falta de democracia dun PP absolutamente deslexitimado, que cobra sobresoldos en negro e financiado ilegalmente por grandes empresas con sede en Madrid a cambio de colocar o BOE ao servizo dos seus intereses, mentres no Parlamento galego rexeitan dar explicacións sobre o espolio das caixas, a traxedia ferroviaria de Angrois ou agachan a documentación dos contratos con narcotraficantes convictos.
É preciso rebelarse, por necesidade e por dignidade, e facelo reclamando a soberanía de Galiza, porque non se trata dun capricho ideolóxico, senón da chave para saír da crise, para desenvolver o país, para conquistar a xustiza social e reconstruír a democracia. Sobran motivos para participar a manifestación do 15-S. Só tes que elixir cal é o teu.
Manifestación Por unha patria soberana, o domingo 15 de setembro ás 12.00 na Alameda de Santiago de Compostela.

22 jul. 2013

Acto Público sobor da crise en Boiro.

"NON É UNHA CRISE É UN ROUBO"
...acto público do BNG en Boiro: "Non é unha crise é un roubo"...os feitos falan unha vez mais e demostran que o único TERRORISMO real que existe na Galiza é o "TERRORISMO FINANCIEIRO" perpetrado polos bancos e amparado, consentido e fomentado polo PP.
#enbloquepodemos.


28 may. 2013

ALEGACIÓNS AOS PRESUPOSTOS 2013

D. XOSÉ DEIRA TRIÑANES, en calidade de voceiro do grupo municipal do BNG e diante da Corporación Municipal,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Que o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 29 de abril de 2013 aprobou incialmente o Orzamento Xeral do exercizo de 2013.
Que en data oito de maio de 2013 publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o anucio da aprobación inicial respectivo.
Que se inicia o prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte ao de pubicación no BOP, para examinar o expediente e presentar reclamacións ante o Pleno.
Que en representación do GRUPO MUNICIPAL do BNG de BOIRO, presenta as seguintes:
ALEGACIÓNS Ó ORZAMENTO XERAL 2013

PRIMEIRO.- O orzamento xeral do Concelo de Boiro, diminúe un 9% (un millón de euros menos) en relación ó exercicio 2012 e un 25% menos respecto do último presuposto aprobado na pasada lexislatura.
Porén, esta diminución do orzamento municipal, non procede dunha diminución da presión fiscal que soportan os veciños e veciñas de Boiro, se non que é consecuencia da incapacidade do PP de conquerir apoio económico diante das súas “administración amigas do PP, Xunta , Deputación Provincial e Estado”, que tendo “todo o vento ó seu favor”, son incapaces de xestionar subvencións para cuestións prioritarias para o Concello de Boiro (as subvencións procedentes da Xunta caen un 43% respecto ó exercicio 2012 e do Estado non se recibe nin un só euro).

SEGUNDO.- Mentres que o capítulo de persoal diminúe nun 10%, e o PP lle esixe ós empregados públicos, rebaixas salarias, recortes en dereiros sociais, eliminación de pagas extras…etc, as partidas destinadas ó gabinete da alcaldía increméntanse nun 26% ( a secretaria municipal do PP nos custará 40.000€/ano), imperdoable nun momento de crise económica, cun paro galopante e cando o PP nos está esixindo recortes en servizos prioritarios para a cidadanía como a educación, a sanidade e os servizos sociais, e sobre todo cando padecemos o goberno municipal máis caro das comarcas do Barbanza e Muros-Noia.

TERCEIRO.- Nun contexto económico desfavorable, no que a cifra de desempregados está en niveis históricos no Estado e en Galiza, o Concello de Boiro obvia a gravísima situación de moitos veciños e veciñas de Boiro que se atopan en desemprego, e non invirte por segundo ano consecutivo nin un só euro en políticas activas de emprego.
O goberno municipal desmantelou nestes dous anos de goberno o Departamento de Emprego, eliminando por “capricho” un servizo municipal esencial en tempos de crise.
O orzamento municipal non preveé a posta en marcha de ningún programa de creación de emprego municipal, ( obradoiro de emprego, escola taller…etc) que favorezca o acceso ó traballo e a reactivación económica no marco municipal.
O Viveiro de Empresas e Centro de Formación (distinguido polo Ministerio de Ciencia e Innovación) fica pechado dous anos despois da chegada do PP o goberno municipal, mentres que a mocidade boirense emigra en busca dun posto de traballo a outras partes do Estado Español e a otros países da Unión Europea.

CUARTO.- O orzamento municipal non asigna partida presupostaria para que os Consellos parroquias decidan sobre as obras ou actuacións prioritarias a executar en cada una das súas parroquias, unha cuestión prioritaria na pasada lexislatura e que favorecía a participación cidadá e transparencia nos investimentos a realizar polo Concello.

QUINTO.- O Capítulo de investimentos é inexistente e representa só o 12% do presuposto total, non asignando previsión orzamentaria para actuacións prioritarias como:
-A posta en funcionamento do CENTRO DE FORMACIÓN E VIVEIRO DE EMPRESAS.
-A entrada en funcionamento do PARKING MUNICIPAL da Praza da Boqueira de Anegral.
-Non existe previsión orzamentaria para o pagamento das EXPROPIACIÓNS DA ZONA DA CACHADA.
-Os investimentos destinados ó ámbito rural de Boiro son prácticamente inexistentes.
-Non existe un plan de posta en valor do PAZO DE GOIÁNS (O PP perdeu 500.000€ de subvención do Estado para a súa rehabilitación).
-Non existe un plan de actuación para o EDIFICIO DAS COLONIAS.
-Non existe previsión orzamentaria para a construción dunha RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE.

Asdo. Xosé Deira Triñanes
En Boiro, a 24 de Maio de 2013

21 abr. 2013

Manifestación sobor das Preferentes e subordinadas en Vigo.

Veciños e veciñas do Barbanza subindo a un autobús para ir á manifestación de Vigo a reclamar os cartos que son deles e que llos roubaron os bancos có consentimento do PP...compañeiros do Bng axudando e o alcalde de Boiro "nin estaba nin se lle esperaba"...Sr Dieste, si vai antepoñer os intereses do PP por diante das xustas reclamacións d@s veciñ@s de Boiro...nin o necesitamos, nin nos representa!!!!.




15 abr. 2013

Manifesto do BNG Barbanza en apoio aos afectad@s polas preferentes.

O Bloque Nacionalista Galego do Barbanza, tras coñecer que o PP acaba de aprobar outra norma para executar o roubo dos aforros de galegos e galegas, a través da maioría que posúe no Congreso dos Deputados, quere transmitir á opinión públicaas seguintes cuestións:

 1. Que a decisión política que ampara esta estafa está baseada unicamente nos intereses do sector financeiro, consolida o culto á usura e á desigualdade e afonda aínda máis na separación entre unha elite máis rica e unha maioría da poboación cada vez máis empobrecida.

 2. Que existe un comportamento demagóxico por parte de deputadas e deputados galegos do Partido Popular que, mentres din solidarizarse e estar á beira das persoas afectadas, aproban directamente ou consenten con complicidade a posición política do seu partido, aliado da banca e dos intereses financeiros e que, por tanto, ao non representaren a cidadanía galega, merecen a nosa reprobación pública.

 3. Que este atentado contra aforradores e aforradoras supón un grave prexuízo individual e colectivo para a nosa economía, pois quítannos a posibilidade de que unha parte substancial desas cantidades acabe por significar investimentos na propia comarca que poderían axudar ás pequenas economías en tempos de crise. 

 4. Que, nese sentido, queremos sumarnos ás voces que exixen a devolución íntegra das cantidades que as persoas aforradoras depositaron sen recibiren información adecuada do produto que adquirían.

 5. Transmitímoslle así á cidadanía a nosa vontade de continuar a defender a modificación dunha lexislación e dunhas decisións políticas que tentan eliminar totalmente as nosas posibilidades de desenvolvemento.


 

22 feb. 2013

...Esto é o que temos!!!!...cidadáns, periodistas e representantes políticos tratados coma delincuentes por sair en defensa dunha muller de 85 anos!!!!...o fondo negro das fotos representa o noso LUTO particular polo que estamos perdendo!...
E parabéns -por suposto- para @s compañeir@s do BNG que unha vez mais demostran que saben estar "ÁS DURAS" e que se xogaron o tipo frente a unhos funcionarios que ao igual que ocurre no resto do Estado non están a altura das circunstancias e están pedindo dende fai décadas dirixentes que lles ensinen o que significa manter a orde pública, o que significa unha concentración civil ou o que significa ter EDUCACIÓN e RESPECTO pola cidadanía.


1 ene. 2013

- 13


Que teñades un moi feliz 2013 e que nos veña para todo@s cheo de cambios e de melloras.

NAS NOSAS MANS ESTÁ PODER CONSEGUILO!