28 feb 2010

Só Ana Pontón asiste ao IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza


Este sábado houbo un debate en Neixón, no marco do IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza, no que estaban convidados os portavoces das tres forzas políticas do parlamento. Só a nacionalista Ana Pontón asistiu.

A deputada do PSOE non estivo por un problema familiar de última hora, e o deputado do PP non asistiu, sen que se saiba o por que. Ambos os dous foron substituídos por representantes locais dos seus partidos.

No debate falouse case en exclusiva da Cidade da Cultura, e só o BNG puxo na mesa as súas propostas. A intervención de Ana Pontón centrouse en aclarar que desde o inicio non era unha obra do BNG, pero cando o bloque tivo que afrontala no goberno, fíxoo coa determinación de darlle unha saída á grandísima inversión comprometida polo goberno en funcións do PP. A deputada nacionalista propuxo o seguinte para dotala de contidos: un grande museo de historia de Galiza, un arquivo nacional, unha pinacoteca de autores galegos, un centro de referencia para a danza e o audiovisual galego,..., propostas consensuadas cos sectores da cultura.

Do PSOE puidemos destacar que os seus representantes falan en nome propio e non no do partido, polo que poden dicir cousas distintas. E do PP que é mellor estar calados para que non se fale do tema.

500 millóns de euros de orzamento, La Voz de Galicia agora en silencio, e o goberno do PP sen dicir nada,...serán coincidencias?

A vitoria do terror (Historias de Galicia)

...as traxedias históricas hai que lembrarlas para que non se repitan.

25 feb 2010

Ana Pontón no IV Encontro Arqueolóxico de Neixón


Ana Pontón estará presente este sábado 27 de febreiro nos IV Encontros Arqueolóxicos organizados polo Centro de Interpretación do Castro de Neixón.
A deputada nacionalista participará ás 18.30 na mesa redonda "Cultura e sociedade: a rendibilidade social do patrimonio", xunto cos portavoces de cultura do resto das forzas políticas do parlamento.

Máis información en http://www.centroarqueoloxicodobarbanza.org/gl/eventos_detalle.asp?insc=si&id=68

22 feb 2010

Decreto contra o Galego


..."O decreto tense alicerzado sobre dous mitos. Primeiro mito: existe un mandato electoral que obriga ao PP a revogar a actual lexislación. Falso porque en primeiro termo o PP gañou as eleccións, si, pero cando menos un de cada dous electores non apoiaron as súas candidaturas e, por tanto, tampouco as súas teses. E falso tamén porque é evidente que miles de votantes do PP non partillan a agresividade de Feijóo contra o galego. Segundo mito: os dereitos dos pais e as nais a elixiren a lingua en que se escolarizan os seus fillos. Non existe tal dereito. Non só porque así o ditaminan sentenzas do Supremo e do Constitucional, senón porque o uso das linguas na escola afecta dereitos que van máis alá do ámbito familiar e atinxen o conxunto de toda a sociedade. Todos os galegos e galegas, sexamos ou non pais e nais de familias, estamos afectados por esta cuestión e, portanto, temos dereito a decidir. Non só os pais e as nais. Por tanto é lóxico que sexan os poderes públicos, en representación da sociedade, os que decidan e non os pais nen as nais"...