19 sept 2011


BNG BOIRO
N O T A D E P R E N S A
Concluídos os 100 días de goberno do PP en Boiro ( que pola contra non respectou o PP de Boiro cando nós accedemos ó goberno ) , o Consello Local do BNG de Boiro fai unha lectura moi negativa do goberno municipal .

Nesta primeira andaina do PP en Boiro, pódese resumirse nos catro seguintes puntos;

PRIMEIRO._ Este período caracterizouse por ser 100 días de representación institucional pero non de goberno. 100 días perdidos en Boiro, durante os cales o Alcalde de Boiro Sr. Juan José Dieste Ortigueira , non foi quen de impulsar nin un só proxecto novo, nin tan sequera concluír e continuar cos proxectos que o anterior goberno deixou en marcha.
Un Alcalde que xa na rúa lle chaman “O Xastre” pois vai tomar medidas , pero en Boiro 100 días despois aínda non lle coñecemos a aplicación de ningunha. Temos un Alcalde que “non arranca” que non é quen de coordinar , nin de liderar nin ó seu propio equipo de goberno, os concelleiros/as anda por libre, cando aparecen e o “todo poderoso” Tenente de Alcalde que anda a des-gobernar no de todos.
Temos un goberno, que “nin está nin se lle espera”, nin atenden ós cidadáns , nin ós problemas diarios do Concello.

SEGUNDO._ Un goberno que é incapaz de promover novos proxectos para Boiro, nin de tan sequera continuar cos iniciados polo anterior goberno. Un Parking municipal que non funciona, os Centros Sociais de Abanqueiro e Cabo de Cruz, que non se sabe cando e como van funcionar, un Porto de Cabo de Cruz que tiña que ter rematados os pantaláns da 3ª e 4ª lista, un Viveiro de Empresas (pechado), a rehabilitación do Pazo de Goiáns ( cunha partida nos orzamentos do Estado por importe de 500.000€ pendente de executar)...e moitos exemplos máis que poderíamos nomear.

TERCEIRO._ A única medida si tomaron durante estes 100 días foi subir o SOLDO DO ALCALDE en máis de 12.000€ ano . Temos un “ALCALDE DE LUXO” o máis caro das comarcas do Barbanza e Muros Noia , un Alcalde que lle vai custar ó Concello de Boiro nesta lexislatura 280.000€, un soldo que nin por asomo cobraría no seu antigo posto de traballo, ( tal e como fixo o Sr. Deira durante os últimos 8 anos ) Sr. Dieste cando nos pensa ensinar a nómina que cobraba no seu antigo posto de traballo ? .
Temos tamén un “SUPER-TENENTE ALCALDE”, que cobrará por unha “MEDIA-ADICACIÓN” a friolera de 180.000€ e 7 CONCELLEIROS que cobrarán perto de 900€/mes ( entre dietas, plenos, comisións de goberno, ...etc), cando non teñen o mínimo que se lle exixe a un concelleiro que é ter un horario de atención ó publico exposto no Concello.
Isto é unha vergonza , especialmente cando fai tan só 100 días en plena campaña electoral empapelaron BOIRO, enganaron ós cidadáns con panfletos “irreais”que eran “rotundamente falsos”.
Despois do “engano absoluto, chegou a burla”, cando os veciños entran pola porta da Alcaldía, para demandar os seus dereitos , a cobertura das súas necesidades , o que atopan é a un Alcalde que non aporta solucións e o único que di é “ que estamos en crise e non hai cartos”, con que cara mentres vde. se sube o soldo, lle recorta ós dereitos dos demais ?...

CUARTO._Pero o que máis destacou a “deixación de funcións” que demostra este Alcalde cando foi incapaz de dar solución o maior problema que ten neste momento Boiro que é “O CHEIRO de CALIZAS MARINAS”, un asunto que despois de exixir o BNG en pleno a “solución inmediata” do mesmo, o único movemento que fai este Alcalde é convocar unha rolda de prensa para dicir que é “incompetente”( que vde. é incompetente xa o sabemos Sr. Dieste , pero o Concello si que é competente para tomar as medidas cautelares necesarias para evitar que Boiro cheire, como o fixemos nós )... ou e que se declara incompetente , como excusa , para non ter que enfrentarse con quen o puxo na Alcaldía ? Quen o votou foi o pobo de Boiro, é ós cidadáns a que lle debe a Alcaldía vde. lástima que estea máis pendente do que pense quen escribiu cartas para pedir o voto para o PP que das necesidades que Boiro ten.

Consello Local do BNG de Boiro,
Venres, 16 de setembro de 2011